Ola, Eva
tińa ganas de contarte do uso que lle estou a dar ás túas gravacións.
Estanme a resultar moi útiles, especialmente dúas:
-as mańás, que me axuda claramente a levantarme con bo ánimo e optimismo
-a ‘cova da auga’ que me sigue axudando a chorar, e últimamente a rir moito, en definitiva a desafogar algo que teńo aí atrancado nalgún lugar
do pasado. Co desafogo (como xa sei por Co-escoita) noto máis alegría e tranquilidade xeral, pero a túa gravación axúdame a chegar ao punto de
desafogo case inmediatamente.
quería agradecer o teu traballo e animarte a continuar con él.
Moitos bicos e agradecemento (case todos os días penso ‘ben’ en ti, coas ‘mańás de paxaros’)
Manuel; Santiago de compostela.



